Lamas valora a Noite Branca como “un éxito” e reclama o apoio “dos que se benefician pero non colaboran”

.

O presidente da Asociación de Empresarios de Deza (AED), Antonio Lamas, valora como “un éxito rotundo” a quinta edición da Noite Branca celebrada onte “posto que a finalidade era encher Lalín de xente para que logo cada comercio e cada local de hostalaría poidese rentabilizar as súas respectivas promocións e o obxectivo de ateigar as rúas conseguiuse con creces”.

.

Na súa opinión, “probablemente nesta quinta edición se batiu o récord de afluencia”, ao que “axudou o feito externo de que, climatoloxicamente, o día non puido vir mellor”. Por iso, como presidente da AED manifestou sentirse “moi satisfeito” co resultado do traballo realizado e apuntou que “cando as cousas saen ben tamén hai que poñelas en valor e atribuírlle a cadaquén os seus méritos”.

.

Neste senso, ademais de agradecer o esforzo interno do persoal da AED e, sobre todo, dos establecementos que decidiron colaborar e implicarse na Noite Branca, tamén quixo recoñecer publicamente “a colaboración imprescindible de institucións como a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Concello de Lalín, sen as que sería imposible organizar unha Noite Branca tan dinámica e con tantos atractivos”.

.

Como contrapunto, Antonio Lamas sinalou que “probablemente o único aspecto negativo desta Noite Branca foi ver como hai establecementos que non colaboran pero que logo si se aproveitan dunha iniciativa que organizan e financian outros, non só ampliando o seu horario de apertura habitual, senón tamén inventando promocións específicas con nomes semellantes ou incluso co propio nome de Noite Branca”.

.

“Cada un sabe o que fai e non se trata de dar nomes, porque desde a AED non temos ningún interese en apuntar a ninguén. Sabemos que é algo perfectamente lícito, pero a nós parécenos que non é moi ético e incluso semella unha desconsideración cara aos demais compañeiros do sector que adican parte dos seus recursos a custear a Noite Branca”, apunta Lamas.

.

Antonio Lamas considera que “a cantidade mínima de 50 euros que invisten os comercios e locais de hostalaría para poder participar na Noite Branca, cremos que se recupera con creces, e entre todos tamén se está a axudar a facer pobo”. “Por parte da AED o que queremos é ser cantos máis mellor para que esta iniciativa siga medrando e mellorando e sexa o máis beneficiosa posible para todos. Por iso tentaremos que moitos dos que nesta ocasión non participaron, o vindeiro ano si decidan apoiar e colaborar”, apuntou.

.

Por último, o presidente da AED lembrou que nos comercios colaboradores volverán revertir os 20 vales de compra sorteados na Praza da Igrexa (10 de 300 euros e 100 de 200 euros) e que recaeron nos seguintes afortunados:

.

Vales de compra de 300 euros:

                – Manoli Asorey (Estación de Servicio Campos)

                – Beatriz Lareo (Pousa, Licores de Galicia)

                – Iago González (Akebia)

                – Rocío Abeledo (A Terraza da Cunca – Vermutería)

                – Carmen Faílde (Ve de Íntima)

                – María Esther García (Ve de Íntima)

                – Hugo Manuel García (Cadena 100)

                – Esperanza Taboada (Casa Currás)

                – Miguel Ángel Brea (Don Dino)

                – Elena García (O Café de Mili)

.

Vales de compra de 200 euros:

                – Ezequiel Batán (Yellow Dolphins)

                – Verónica Samblás (Esther Cortés Centro Óptico)

                – María Jesús Núñez (Muebles Sieiro)

                – María Flor Pájaro (Calzados Touceiro)

                – Mª Carmen Framiñán (Ninfa)

                – José Manuel López (Tien 21)

                – María José Sánchez (Taberna Café)

                – David Canda (Librería Dalvi)

                – Débora Guerra (Estación de Servicio Campos)

                – Pilar Peña (Lencería Lilas)

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies