98 comercios de Lalín participan nunha nova edición da campaña Volta ao Cole

.

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín van poñer en marcha este venres, 1 de setembro, unha nova edición da campaña promocional da Volta ao Cole, que nesta ocasión contará coa participación de 98 establecementos asociados e que sorteará tres vales de compra de 100 euros cada un.

.

Esta campaña de dinamización comercial prolongarase entre este venres e o 29 de setembro, ambos incluídos, e permitirá que os clientes que fagan compras nas tendas participantes cubran as súas rifas para participar no sorteo de fin de campaña, que terá lugar o sábado 30, xusto despois das festas das Dores, na Praza da Igrexa. Esta iniciativa non será presencial, é dicir que os afortunados non terán que estar presentes, pero si está previsto que se contacte telefonicamente no momento do sorteo para falar cos gañadores. En caso de que non atendan a chamada, procederase a sacar outra rifa ata completar o panel dos tres afortunados.

.

Por outra banda, e aínda que restan catro semanas para esa data, a AED e o CCA están valorando a posibilidade de organizar diversas actividades de animación, principalmente infantís, para o sábado 30 de 17.00 a 20.00 horas co obxectivo de animar a tarde de compras. Nembargantes, a decisión tomarase máis adiante tendo en conta as previsións climatolóxicas.

.

O presidente da AED, Antonio Lamas, valorou moi positivamente esta campaña, “xa que nos devolve á dinámica activa do comercio local tras os dous meses de verán e o éxito da Noite Branca” e amosouse confiado en que a Volta ao Cole “vai seguir medrando, como demostra que incrementamos os establecementos participantes nun 10% en só dous anos, e contando coa confianza dos clientes de Lalín e de moitos municipios limítrofes”.

.

Os comercios participantes nesta edición da Volta ao Cole, que conta coa colaboración do Concello de Lalín e da Xunta de Galicia, son os seguintes: Akebia, Alberte Decoración, Almacenes Canda, Alvarellos, Autorecambios Motor Lalín, Bella Rey, Bernabé, Brandido, C&C Young Trend, Cadena 100, Calzados Alca, Calzados Atly, Calzados Senra, Calzados Touceiro, Caprichos, Cárnicas Anzo, Carola Moda, Castaño, Colchonería Soños do Deza, Colorín Colorado, Comercial Arribas, Confitería París, Cortilar, Dandara, Don Dino, Dulces Encantados, El Vestidor de Chloé, Electricidad Femán, Embutidos Lalinense, Escalena, Esperanza, Esprit, Estación de Servicio Campos, Esther Cortés Centro Óptico, Federopticos Pereiro, Fegus, Ferga, Fervi, Florentino, Floristería Rosa, G, G-Básico, Halcón Viajes, Ideate Decor, It´s Man Only & Sons, It´s Only, Joyería López Romero, Joyería Parque, Karen, Lencería Lilas, Librería-Xoguetería Álvarez, Librería Carpi, Librería Dalvi, Librería Raíces, Maybel, Miska, Moca, Modas Fidelina, Montoto, Muebles Curroliño, Muebles Moure, Muebles Sieiro, Multiópticas Lalín, Nereida Novias, Ninfa, Orcellón, Ortodeza, Outlet Guerral, Panadería Manolo “Da Morena”, Papelería Dalvi, Peluquería Laly, Porcelanosa Lalín, Pousa Licores de Galicia, Rodanor, Serea, Silicon Desarrollos Tecnológicos, Sistemas Informáticos Andión y Mouriño, Solarel, Strass, Tele-Deza, Tele-Seita, Tien 21, Varell Sport, Ve de Íntima, Vero Moda, Viaxes Zafiro Tours, Yellow Dolphins, Zapatería El Gato Presumido, Zapatería La Tentazione e Zapatería Martínez. Cómpre sinalar que trátase de 84 empresas ou negocios, pero moitos deles conta con máis dun establecemento comercial.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies