A AED acolle o día 26 unha charla da directora xeral de Comercio sobre axudas ao sector

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín organizan o vindeiro martes 26 de xaneiro unha xornada informativa sobre as axudas convocadas pola Xunta de Galicia para o sector do comercio no presente ano 2016. Esta actividade contará coa presenza da directora xeral de Comercio, Sol María Vázquez, que explicará as distintas liñas de subvencións autonómicas e tamén atenderá as cuestións dos asistentes.

.

Na convocatoria darase completa información sobre a Orde do 22 de decembro de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego. Tamén se informará da convocatoria e dos prazos nos que permanecerá activa.

.

Esta actividade formativa, que terá lugar na sede da AED (rúa Otero Pedrayo 24-baixo, Lalín) dende as 20.45 horas, está orientada especialmente aos comerciantes.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies