A AED celebra o mércores 17 unha xornada sobre novidades no peche fiscal e contable de 2015

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) ten programada para o vindeiro mércores 17, a partires das 20.00 horas, a celebración dunha xornada informativa sobre as novidades relevantes no peche fiscal e contable do exercicio de 2015.

.

Esta xornada, que se celebrará na sede da AED e para a que é preciso confirmar asistencia no teléfono 986 78 70 91, contará coa participación do socio-director en J. Freire y Asociados, José Freire Santos, e do asesor fiscal na devandita firma, Antonio Llarena Gómez.

.

Entre os contidos que se abordarán atópanse os cambios máis significativos introducidos polas recentes reformas fiscais e tamén os novos beneficios fiscais que poderán resultar de aplicación no Imposto de Sociedades para os periodos impositivos iniciados a partires do 1 de xaneiro de 2015.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies