A AED participou nun encontro con AEMOS e o Polígono de San Cibrao das Viñas

.

O presidente en funcións da Asociación de Empresarios de Deza (AED), Antonio Lamas, e a secretaria técnica, Chus García, participaron hoxe na VII Xornada de Negocios organizada pola Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) para que as empresas participantes se presentaran e interaccionaran, estreitando lazos de colaboración e xerando novas oportunidades de negocio.

.

Nesta actividade de “networking”, que se celebrou no Hotel Talaso Atlántico de Oia, AEMOS exerceu de anfitriona de máis de medio cento de empresas, contando tamén coa participación de representantes do Polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense).

.

Antonio Lamas amosouse “moi agradecido” pola invitación cursada por AEMOS e sinalou que foi “un excelente escaparate para promocionar aos asociados da AED na zona sur da provincia de Pontevedra e para venderlle as oportunidades de investimento e negocio que hai na Comarca de Deza”. “Ademais de establecer relacións comerciais, quixemos aproveitar a nosa participación para sondear este formato de evento por se fose interesante desenvolvelo posteriormente na nosa comarca”, engadiu.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies