A app para comprar en Biq Points entra en servizo con 39 establecementos e 127 usuarios rexistrados

.

A aplicación lanzada pola Asociación de Empresarios de Deza (AED) para fidelizar aos consumidores locais e evitar a súa fuxida cara outras localidades e cara ás compras on line entrou hoxe en funcionamento con 39 establecementos e 127 usuarios rexistrados.

.

A AED sinala que a app aedezabipqoint xa está dispoñible para descargala desde a Google Play Store e está “plenamente operativa nos smartphones de Android”, mentres que para descargala desde a Apple Store e poder funcionar co software iOS haberá que esperar “algo máis”.

.

Antonio Lamas considera que “estas primeiras cifras demostran que o sector do comercio estase a volcar con esta ferramenta de fidelización” e adianta que nos próximos días iranse identificando os establecementos que admiten compras en Biq Points con pegatinas específicas que se colocarán nos escaparates ou nas portas de entrada. Ademais, salienta que os técnicos da asociación seguen á disposición de calquera establecemento ou usuario que teña dúbidas ou consultas sobre o funcionamento da app.

.

Lamas lembra tamén que os comercios xa poden adquirir Biq Points para comezar a poñelos en circulación e augura que “serán os premios dos sorteos da Noite Branca os que suporán o despegue definitivo da aplicación”. 

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies