A candidatura encabezada por Antonio Lamas gaña as eleccións da AED

A xornada electoral da Asociación de Empresarios de Deza (AED) rematou pasadas as dúas da madrugada co reconto dos 257 votos emitidos, que proclamaron á candidatura encabezada por Antonio Lamas Carral como gañadora ao conseguir 175 votos, fronte aos 78 colleitados pola lista liderada por Gerardo López -a maiores, rexistráronse dous votos en branco e dous nulos-.

.

Da totalidade dos sufraxios contabilizados, 65 foron votos delegados e os 192 restantes foron depositados de forma presencial na urna, o que motivou unha longa ringleira de asociados durante toda a noite para exercer o seu dereito ao voto.

.

Tras coñecerse os resultados, Antonio Lamas apelou á unidade da masa social “para ser máis fortes” e tendeu a man á candidatura alternativa para incorporarse aos grupos de traballo “porque aínda pensando distinto, seguro que poden aportar cousas positivas”.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies