A Xunta concédelle á AED un novo Programa Integrado de Emprego para mulleres

O presidente da AED,Antonio Lamas, amosou a súa “satisfacción” pola consecución destenovo PIE e destacou “a contribución da AED para, coa colaboración da Xuntade Galicia, combater o paro nun dos colectivos con maiores dificultades deinserción laboral”. Na súa opinión, este segundo programa confirma “oexcelente traballo realizado polos técnicos da asociación durante o PIE queacaba de rematar, no que se traballou con 85 mulleres desempregadas e seconseguiu que 45 atopasen un traballo, das cales 26 cumpriron tódolosrequisitos da Xunta para poder contabilizarse como insercións efectuadas”.


A Consellería deEconomía, Emprego e Industria vén de concederlle á Asociación de Empresarios deDeza (AED) un novo Plan Integrado de Emprego (PIE), denominado “AEDeza enfeminino”, que está orientado a favorecer a empregabilidade de mulleres enparo, especialmente as que teñen algún tipo de discapacidade, están en risco deexclusión social, son vítimas de violencia de xénero e son menores de 30 anoscon baixa cualificación ou menores de 30 anos cualificadas. Este novo PIE, quecontaría cunha achega económica máxima de 250.000 euros -en función documprimento dos obxectivos-, permitirá traballar con 100 usuarias e márcase oobxectivo mínimo de inserción en 36 mulleres.


En canto ao novo PIE”AEDeza en feminino”, Antonio Lamas avanzou que aquelas mulleresdesempregadas que se atopen nos perfís de usuarias aos que vai dirixido equeiran inscribirse ou solicitar máis información, poden acudir ás oficinas daAED, chamar ao teléfono 986 78 70 91 ou enviar un correo electrónico aoenderezo bolsaemprego@aedeza.com.


Segundo avanzou opresidente, neste novo PIE levaranse a cabo coas usuarias tanto acciónsindividuais como colectivas. No primeiro grupo situaríanse, por exemplo, asactividades de orientación laboral, de mellora do currículo e da carta depresentación, de orientación formativa, o deseño de itinerarios personalizadospara o emprego, o acompañamento individualizado, a prospección de empresas, oasesoramento na busca de emprego e a preparación de entrevistas. En canto ásactividades grupais, figuran a preparación somos como afrontar as entrevistasde traballo, a mellora das habilidades persoais na busca de emprego, ainiciación á busca activa de emprego en Internet, o coñecemento do mercadolaboral, clases de inglés, nocións de hixiene alimentaria, manipulación dealimentos e control de alérxenos ou itinerarios formativos específicos paralabores de recepción, almacén, atención ao cliente, reposición, etc.


Coa finalidade defacilitar a asistencia das usuarias ás sesións formativas do PIE, a Asociaciónde Empresarios de Deza incorporou neste programa diferentes medidas deconciliación, como un servizo de canguraxe, a compatibilidade co horarioescolar e os gastos de desprazamento para potenciais usuarias que poidan acudira Lalín desde outros concellos próximos.


Perfís do PIE “AEDeza, actuación para o emprego feminino”

En canto ao balancedo PIE desenvolvido entre decembro de 2017 e o 30 de novembro de 2018, AntonioLamas desglosou os perfís das 85 usuarias e remarcou o cumprimento dosobxectivos de inserción: 24 mulleres menores de 30 anos con baixacualificación, das que atoparon emprego 16 (66,6 %), 31 mulleres en risco deexclusión social, das que atoparon emprego 17 (54,83 %), 24 mulleres maiores de45 anos, das que atoparon emprego 10 (41,66 %), 5 mulleres con discapacidade,das que atopou emprego 1 (20 %) e 1 muller vítima de violencia de xénero, queatopou emprego (100 %).


Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies