Estimado/a internauta:

.

Como presidente da Asociación de Empresarios de Deza (AED) compráceme darche a benvida a esta páxina web, concebida principalmente como un escaparate de presentación dos servizos que lle ofrecemos aos asociados e tamén das actividades que levamos a cabo.

.
Antonio Lamas CarralOs integrantes da actual xunta directiva da AED somos conscientes da importancia de apostar polas novas tecnoloxías da información e polas redes sociais para axilizar e simplificar a relación e a comunicación cos nosos asociados e tamén para darlle maior proxección pública ao noso traballo e aos logros acadados.

.

Coa maior visibilidade que nos aporta esta páxina web, agardamos que cada vez sexan máis os empresarios de todos os concellos da Comarca de Deza que se incorporen á asociación porque, máis ca nunca nos tempos que corren, traballamos co convencemento de que a unión fai a forza. É este o espíritu fundacional da AED e é tamén o mantra que nos leva a seguir traballando a prol dos sectores básicos na nosa bisbarra, como a industria, o agro, o comercio e a hostalaría.

.

Por último, non quero desaproveitar esta oportunidade para que nos axudedes a optimizar esta páxina web e o propio funcionamento da asociación enviándonos suxestións ou aportándonos ideas que nos permitan mellorar a atención e os servizos que lle prestamos aos asociados.

.

Un cordial saúdo

.

Antonio Lamas Carral

Presidente da AED

.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies