Centro Comercial Aberto de Lalín

.

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín actúa dende o ano 2011 no seo da Asociación de Empresarios de Deza (AED) como unha sección especializada no sector do comercio, que, con 94 negocios afiliados, é un dos que máis asociados aporta. 

.

Un dos seus principais cometidos é contribuír á dinamización dos establecementos comerciais asociados mediante a coordinación e organización de campañas, entre as que se atopan as seguintes:

.

  • Campaña de Nadal
  • Campañas de rebaixas (inverno e verán)
  • Campaña especial de San Valentín
  • Campaña especial do Día da Nai
  • Noite Branca
  • Campaña especial da Volta ao Cole
  • Desfile Solidario
  • Etc.

.

Ademais, o CCA de Lalín tamén ofrece aos seus asociados os seguintes servizos:

.

  • Información especializada e consultas: o CCA de Lalín informa de xeito continuo aos asociados a través de circulares, notas de prensa e/ou charlas sobre diversos temas de interese: convocatoria de axudas, cursos, etc.
  • Asesoramento xurídico: a través da AED, o CCA de Lalín ofrece un servizo de atención xurídica especilizada nos ámbitos fiscal, laboral e mercantil (as consultas de primeira aproximación son gratuítas).
  • Formación: organízanse cursos formativos, charlas e xornadas técnicas sobre materias específicas vencelladas ao comercio (tanto para traballadores como para empresarios).
  • Bolsa de Traballo: a través deste servizo facilítaselle aos asociados do sector do comercio que poidan conseguir candidatos, dunha forma rápida e eficaz, para traballar nos seus establecementos.
  • Convenios de prestación de servizos: os asociados pódense beneficiar das vantaxes xestionadas con terceiras entidades orientadas principalmente á redución de custos. 

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies