.

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) é unha organización independente e sen ánimo de lucro creada en 1993 co cometido principal de defender os intereses conxuntos dos seus afiliados. Os empresarios fundadores foron Ángel Fernández Presas, José Vázquez Diéguez, José Blanco Fernández, Ernesto García Rilova, José Ramón González López, Florentino Cacheda López, Andrés Otero Vázquez, Natalio García Carral, Antonio Framiñán Taboada, César Sánchez González e Manuel José Montoto Rodríguez.

.

Na actualidade, a AED agrupa a 340 empresarios e autónomos -na súa maioría procedentes dos seis concellos da Comarca de Deza- que desenvolven a súa actividade nun total de 25 subsectores, pertencendo a maioría deles ás áreas do comercio, a hostalaría, os servizos e a construción.

.

Entre os obxectivos xerais da AED destacan o favorecemento de entornos idóneos para mellorar a competitividade, a xeración de oportunidades de negocio entre os socios, o fomento e o desenvolvemento do tecido empresarial na comarca e o achegamento do mundo da empresa á comunidade na que participa.

.

Ademais, a AED tamén exerce a representación institucional do empresariado dezano en media ducia de colectivos sectoriais e profesionais: a Confederación de Empresarios de Galicia, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Federación Galega de Comercio, a Federación Provincial de Comercio de Pontevedra, a Federación Provincial de Hostalaría de Pontevedra e a Federación Galega de Transporte de Mercancías.

.

 .

 

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies