Catorce locais de hostalaría participan ata o día 14 no décimo concurso de tapas “Deztápate”

Un total de 14 establecementos do sector da hostalaría (13 de Lalín e 1 de Silleda) participan ata o vindeiro 14 de agosto na décima edición do concurso de tapas “Deztápate”, organizado pola Asociación de Empresarios de Deza (AED) a través da Comisión de Hostalaría.

.

Concretamente, os locais participantes e as tapas que están a ofrecer son os seguintes: Alola (Almondrogilo), Bar O Pincho (Bienmesabe), Cabanas Restaurante (Ceviche Cabanas), Café Bar Siglo XXI (Falso tiramisú), Casa Currás (A Festa da Avoa Amelia), Casa Sanmartín (Lalínrural), Hotel Restaurante Villanueva (Meu carro), Hotel Spa Norat Torre do Deza (Splash), Hotel Vía Argentum (Montadito de lubina en roca de alga), Nigiri (Onigiri recheo de paté de atún ou guacamole), O Café de Mili (Éche o que hai), O Picoteo (Mar y tierra), Pensión Las Palmeras (Deseo del mar) e Restaurante La Molinera (Puerro confitado, sardina ahumada, ajoblanco y frutos secos).

.

O prezo das tapas é de 1,70 euros -bebida aparte- e a mecánica do concurso é tamén a mesma de edicións anteriores, establecendo a organización que non poderá rematarse o servizo das tapas antes das 22.30 horas -recoméndase seguir as redes sociais da AED para comprobar os días nos que pecha cada establecemento e os horarios de cada un deles-. Contarase cun xurado profesional que estará encabezado polo xornalista especializado en gastronomía José Manuel García e cun xurado popular. Das tapas participantes, ambos xurados deberán empregar os mesmos criterios de valoración: elaboración; olor, textura e sabor; presentación; calidade do servizo; e orixinalidade e creatividade.

.

O xurado profesional será o encargado de ditaminar o establecemento gañador do Premio Especial á Mellor Tapa, que consistirá nun diploma acreditativo e que se entregará nun acto que se celebrará o día da clausura do certame, o mércores 14 de agosto, na Praza da Igrexa, contando coa presenza de tódolos hostaleiros participantes, que acudirán cunha mostra de cadansúa tapa.

.

En canto ao xurado popular, os clientes que recompilen os selos de tódolos establecementos nas súas papeletas de votación participarán no sorteo dun premio de 800 € en metálico e outro de 200 € en metálico, ambos libres de impostos. E aqueles que conten cun mínimo de oito selos participarán no sorteo de 26 botellas de viño: 6 botellas magnum Viña Costeira, 6 botellas magnum Viña Pomal e 24 botellas magnum Belezos.

.

Nesta décima edición do “Deztápate” a Asociación de Empresarios de Deza conta coa colaboración do Concello de Lalín, os distribuidores Ricardo Vázquez e Hijos e Manuel Gil e as adegas Viña Pomal, Belezos e Viña Costeira.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies