Hitraf, Arlit, Embutidos Lalinense, Profeplás, La Veneciana, Bernabé, Fogar de Breogán, María Soto e Lácteos Farelo, distinguidas cos III Premios AEDeza

.

A Asociación de Empresarios de Deza aproveitará a cuarta edición da súa Xuntanza Empresarial para entregar os premios AEDeza, que, na súa terceira edición e segundo o acordo adoptado pola xunta directiva, recaeron nas seguintes nove empresas asociadas:

.

Premio especial AEDeza: Hitraf (Vila de Cruces)

Recibirá este premio especial en recoñecemento á súa traxectoria empresarial de 30 anos adicándose á comercialización, montaxe e reparación de toda clase de maquinaria agrícola e forestal.

.

Premio á Innovación: Profeplás (Lalín)

Creada no ano 2013, Profeplás está situada no Parque Empresarial Lalín 2000 e, grazas á súa aposta constante pola innovación, conseguiu posicionarse en tan pouco tempo como un referente nacional na fabricación e montaxe de todo tipo de estruturas termoplásticas (silos, depósitos, etc.).

.

Premio ao Emprendemento: Arlit Diseño e Impresión (Silleda)

Aínda que levan dúas décadas vinculados ao sector da impresión, foi en 2016 cando Alejandro Domato e os seus socios decidiron emprender un proxecto máis ambicioso desde o Parque Empresarial Área 33 de Silleda para aportar todo tipo de servizos nas áreas de impresión e deseño gráfico.

.

Premio á Internacionalización: La Veneciana – Glasssolutions Saint-Gobain (Lalín)

La Veneciana forma parte dun grupo creado en 1876 e que actualmente opera practicamente en todo o mundo, sendo un referente na produción, aplicación e comercialización de produtos e servizos relacionados co vidro.

.

Premio ao Fomento do Galego na Empresa: Embutidos Lalinense (Lalín)

Outórgaselle este premio porque, a pesares de ser unha empresa que comercializa os seus produtos tamén fóra de Galicia, segue a apostar pola utilización do galego nalgunhas das súas campañas (Kit Antimorriña, etc.) e tamén na súa páxina web, que é trilingüe

.

Premio sectorial do Comercio: Bernabé Fotografía (Lalín)

Bernabé é un referente indiscutible da fotografía social desde hai máis de 65 anos non só na Comarca de Deza, senón practicamente en toda Galicia. Actualmente ten establecementos propios en Lalín, Silleda, Vila de Cruces e A Estrada.

.

Premio sectorial da Hostalaría: Fogar de Breogán (Lalín)

Este premio pretende recoñecerlle o acerto de crear un establecemento hostaleiro singular, cunha oferta dunhas características propias e diferenciadas, nunha contorna completamente rural como é Santiso.

.

Premio aos Autónomos: María Soto García, da Panadaría Manolo “da Morena” (Lalín)

Con este galardón, que se suma a outros que xa ten recibido doutras entidades, prémiase o seu labor e a súa dilatada traxectoria profesional como autónoma á fronte dunha das panadarías máis coñecidas e valoradas de toda a comarca.

.

Premio do Concello de Agolada: Lácteos Farelo (Agolada)

Este premio a Lácteos Farelo decidiu concederllo o Concello de Agolada como unha das empresas máis destacadas e representativas deste municipio.

.

Estes III Premios AEDeza serán entregados o vindeiro sábado, 11 de novembro, na IV Xuntanza Empresarial que a AED organizará na Parrillada Golada, en Agolada, a partires das 13.00 horas. Todos os asociados interesados en acudir deberán retirar a súa invitación ou facer a súa reserva (cun prezo de 35 euros por persoa) antes do xoves na sede da AED.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies