Lamas xestiona con Ánxeles Vázquez o apoio de Medio Rural a proxectos para o sector primario

O presidente da AED, Antonio Lamas, e a secretaria técnica da asociación, Chus García, reuníronse esta mañá coa conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, para solicitar a colaboración do seu departamento na programación de cursos e accións formativas específicas para os sectores agroalimentario e agrogandeiro nos concellos dezanos.

.

Segundo destacou Antonio Lamas na reunión, un dos obxectivos da AED é “favorecer a profesionalización dos asociados destes sectores, que teñen que actualizar e modernizar a súa xestión e funcionar como auténticos empresarios que son”. Neste senso, trasladoulle á conselleira a necesidade de programar cursos centrados na xestión económica das explotacións para reforzar a viabilidade das mesmas.

.

Ademais de abordar outros asuntos referentes á problemática que está a padecer o sector primario na Comarca de Deza, o presidente convidou á conselleira a visitar diferentes explotacións da bisbarra para coñecer o seu potencial e as súas necesidades.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies