Lucía Peón Santomé, gañadora do Renault Clío sorteado na Noite Branca

A veciña de Lalín Lucía Peón Santomé resultou gañadora do Renault Clío sorteado pola Asociación de Empresarios de Deza (AED) e o Centro Comercial Aberto de Lalín co gallo da celebración da Noite Branca.

.

A cuarta edición deste evento congregou a centos de persoas na Praza da Vila para asistir ao sorteo, no que resultou premiada unha rifa de Perfumería Fegus. O sorteo convertiuse nun dos principais atractivos da Noite Branca, que encheu as rúas e os comercios de Lalín ao longo da tarde, ademais de facer gozar aos máis pequenos especialmente coa presenza dos Bolechas.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies