.

Boletíns oficiais: ordes, subvencións, axudas...

.

  • Axencia Galega de Innovación

.

Resolución do 24 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN848C).

.

Extracto da resolución do 24 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN848C). O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2018.

.

.

  • Consellería de Economía, Emprego e Industria

.

Resolución do 7 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN200A). 

.

Extracto da resolución do 7 de maio de 2018, da Direccion Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN200A). O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 2 de novembro de 2018 e remata ás 14.30 horas do 16 de novembro de 2018.

.


.

Orde do 27 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR349T).

.

Extracto da Orde do 27 de marzo de 2018 pola que que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación e formación de persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR349T). O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2018.

.


.

Orde do 22 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria e se convocan para o ano 2018.

.

Extracto da Orde do 22 de decembro 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria e se convocan para o ano 2018. O prazo para presentar as solicitudes rematará o 15 de outubro 2018.

.


.

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

.

Extracto da Orde do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. O prazo de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2018.

.


.  

Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

.

PROGRAMA I – Promoción do emprego autónomo:

Extracto da Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2018. Programa de emprego autónomo. O prazo xeral de presentación de solicitudes para o Programa I regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2018.

.

PROGRAMA II – Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas:

Extracto da Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2018. Programa pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

.


.  

Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa APROLEconomía Social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018.

.

Extracto da Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa APROL-Economía Social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 1 de outubro de 2018, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

.


.  

Resolución do 26 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se aproba o Plan de inspección comercial da Xunta de Galicia para o ano 2018.

.

.

  • Consellería de Infraestruturas e Vivenda

.

Orde do 18 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi) e convócanse para o exercicio de 2018. 

.

Extracto da orde do 18 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi) e se convocan para o exercicio de 2018. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 13 de outubro de 2018, agás que se produza o suposto de esgotamento previo de crédito

.


.  

Orde do 14 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual.

.

Extracto da Orde do 14 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de maio de 2018 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

.

.

  • Consellería do Medio Rural

.

Resolución do 12 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A).

.

Extracto da resolución do 12 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de maio de 2018.

.


Orde do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

.

Extracto da orde do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes. Os traballos solicitados non poderán iniciarse antes da inspección previa á que se refire o artigo 21 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.

.


Orde do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2018.

.

Extracto da orde do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2018. O prazo de presentación de solicitudes computarase desde o día seguinte ao da publicación desta orde e finalizará o 1 de outubro de 2018.

.


Orde do 5 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de grupos e organizacións de produtores no sector agrícola, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014- 2020, e se convocan para o ano 2018.

.

Extracto da Orde do 5 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de grupos e organizacións de produtores no sector agrícola, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018. O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, polo que remata o 16 de maio de 2018.

.


Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018.

.

Extracto da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018.  O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, polo que remata o 16 de maio de 2018.

.


.  

Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2018.

.

Extracto da Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2018. O prazo para a presentación das solicitudes remata o día 30 de novembro de 2018.

.


.

INDEMNIZACIÓNS POLO SACRIFICIO OBRIGATORIO DE ANIMAIS

.

Orde do 22 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2018.

.

Extracto da Orde do 22 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2018. O prazo para a presentación das solicitudes remata o día 30 de novembro de 2018.

.


.

Orde do 3 de novembro de 2017 pola que se regulan os pagamentos anticipados nas axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería.

.

.

  • Deputación Provincial de Pontevedra

.

Bases reguladoras de subvencións dirixidas a cooperativas agrogandeiras da provincia de Pontevedra para investimentos durante o exercicio de 2018.

.

Extracto do acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, de 2 de marzo de 2018, polo que se convocan subvencións dirixidas ás cooperativas agrogandeiras da provincia de Pontevedra para investimentos durante o exercicio de 2018.

.

Resumo informativo:

Beneficiarios: Poderá solicitar estas axudas calquera cooperativa agrogandeira da provincia de Pontevedra que reúna os seguintes requisitos:

a) Estar legalmente constituída.

b) Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.

Actuacións susceptibles de axuda: As accións que apoien as entidades agrogandeiras en proxectos destinados á recuperación e posta en valor dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro que teñan como obxecto:

a) A comercialización e valorización das producións.

b) A formación técnica e o asesoramento para o desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación tecnológica.

c) A posta en uso das novas tecnoloxías, as enerxías renovables e o aforro energético.

d) Investimentos para mellorar os servizos prestados pola cooperativa.

Contía das axudas: A porcentaxe máxima subvencionable será do 50 % do orzamento, sen prexuízo de que sexan compatibles con outras axudas recibidas doutros organismos, e a súa concorrencia en ningún caso pode superar o custo do investimento.

Limitacións: Importe do orzamento de gastos da actividade: un máximo de 75.000€.

Importe da subvención: un mínimo de 600€ e un máximo de 35.000€.

Prazo presentación de solicitudes: O prazo para a presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e finalizará pasados 30 días naturais.

Entregaranse en:

–     Rexistro xeral da institución provincial: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a venres)

–     Oficina de Vigo: Rúa O Porto, 3 (de luns a venres)

–     En calquera dos rexistros ou oficinas previstas no artigo 16.4 da LPACAP, así como na

–     Sede electrónica: A presentación da solicitude implicará que se autoriza a Deputación para o tratamento automatizado de todos os datos contidos nela.

.

.

  • Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)

.

Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

.

Extracto da Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

.

Resumo elaborado polo Igape: RE-ACCIONA TIC – Axudas aos servizos de asistencia, diagnose e soporte na implantación de solucións industria 4.0 (2018).

..


.

Resolución do 16 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

.

Extracto da resolución do 16 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014- 2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

.

A presente convocatoria conta con distintas modalidades de préstamo:

Préstamos IFI Emprende: cuxo obxectivo é mellorar a competividade das pemes, en particular facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros de empresas.

Préstamos IFI Industria 4.0 e IFI Relanzamento: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados; incluíndo os sectores agrícola, pesqueiro, mariño, marítimo, turístico, cultural e comercial.

Préstamos IFI Innova: impulso e promoción de actividades de I+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

1. Que, conforme ás solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario para a respectiva modalidade de préstamo, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes para a respectiva modalidade de préstamo, de conformidade co disposto no artigo 32 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro).

2. O 31 de decembro de 2018.

Unha vez finalizado o prazo, non se admitirán máis solicitudes.

.

.


.

Relación de axudas convocadas polo IGAPE.

.

.

  • Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE)

.

Resolución do 14 de novembro de 2017, do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, pola que se publica a do 7 de novembro de 2017, do Consello de Administración, pola que se establecen as bases reguladoras de convocatoria de axudas para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas (Plan Movalt vehículos).

.

Extracto da resolución do 21 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de E.P.E. Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), M.P. pola que se establece a Convocatoria do Programa de Axudas para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas (Plan Movalt Vehículos).

.

Resumo elaborado polo IDAE: Plan Movalt Vehículos

.

  • Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital

.

Resolución do 21 de decembro de 2017, do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, pola que se publica a Resolución do 7 de novembro de 2017, do Consello de Administración, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas á implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos (Plan Movalt Infraestruturas).

.

Extracto da Resolución do 14 de marzo de 2018 da Dirección Xeral do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, pola que se modifica a Resolución do 10 de xaneiro de 2018 pola que se establece a Convocatoria dol Programa de Axudas á implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos (PLAN MOVALT Infraestructura). A presente convocatoria está dotada, inicialmente, cun orzamento máximo que ascende á cantidade total de 20.000.000 de euros, con orixe na partida 20.18.425A.741 dos Orzamentos Xerais do Estado para 2017 nominativa para o IDAE “para financiar actuacións de apoio á mobilidade baseada en criterios de eficiencia enerxética, sustentabilidade e impulso do uso de enerxías alternativas incluído a constitución de infraestruturas enerxéticas adecuadas”. En caso de esgotamento do orzamento dispoñible, sempre que non expirase a vixencia do programa e previa a aprobación de dotación adicional de fondos mediante acordo do seu Consello de Administración, e publicación do correspondente extracto corrixido da presente convocatoria no «Boletín Oficial do Estado», poderá ampliarse o orzamento da mesma. Considerarase esgotado o orzamento, cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe asignado. Non obstante o anterior, con posterioridade a ese momento, poderán seguir rexistrándose solicitudes en lista de reserva provisional, que serán atendidas por rigorosa orde de entrada, supeditadas a que se produzan desestimacións ou revogacións das solicitudes de axuda previas, que puidesen liberar orzamento. En ningún caso, a presentación dunha solicitude á lista de reserva provisional xerará dereito algún para a entidade solicitante, ata que non se valide a solicitude. A posibilidade de continuar presentando solicitudes finalizará definitivamente con data límite o 31 de decembro de 2018.

.

  • Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade

.

Orde SSI/1196/2013, do 25 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas destinadas a pequena e mediana empresa e outras entidades para a elaboración e implantación de plans de igualdade e se convocan as correspondentes a 2013.

.

Extracto da resolución do 23 de abril de 2018, do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, pola que se convocan as axudas á pequena e mediana empresa e outras entidades para a elaboración e implantación de plans de igualdade, correspondentes ao ano 2018. O prazo para a presentación de solicitudes é de 15 días hábiles contados a partires da publicación deste anuncio no BOE.

.

.

Campañas e actividades formativas: cursos, xornadas, charlas, conferencias...

  • Programa Integrado de Emprego: en fase de execución.
  • Cea-Gala do 25º Aniversario da AED: en fase de preparación.

.

Documentación

  • Información proporcionada por FEPOTRANS relativa ás  modificacións nas inspeccións ténicas de vehículos, que entrou en vigor o 20 de maio de 2018:

Boletín Oficial do Estado.

– Principais cambios na normativa:

1.- A partires de maio permítese pasar a ITV antes da data prevista, ata 30 días de antelación. Ademais, manterase a data da sguinte revisión con independencia do momento en que se produza a anterior, sempre que ese adianto non supere o mes.

2.- En canto ás segundas inspeccións, no caso de que o informe sexa desfavorable, poden realizarse en calquera estación, sempre que se dispoña dos datos dos defectos da primeira inspección mediante presentación do correspondente informe.

3.- Ao tratarse dunha adaptación da lexislación europea, un certificado de inspección periódica será perfectamente válido aínda que se emita noutros países membros da Unión Europea. Se se compra un coche no estranxeiro, o proceso de matriculación en España sería máis cómodo.

4.- As estacións de ITV requerirán a acreditación do seguro obrigatorio en cada inspección ordinaria ou extraordinaria do vehículo.

5.- Desaparecen as inspeccións con resultado “Favorable con Defectos Leves”, quedando só en Favorables ou Desfavorables.

6.- Concesión da matrícula histórica: ata agora establecíase nos 25 anos; pasará a ser de 30 anos desde a súa fabricación ou desde a súa primeira matriculación.

7.- Revisión da quilometraxe: as estacións de ITV continuarán anotando a quilometraxe do vehículo e deberán comprobar ademais que non exista unha clara manipulación do contaquilómetros ou que non se encontre claramente fóra de servizo.

8.- Tódalas estacións traballarán cos novos dispositivos de lectura OBD, que comprobarán unicamente o funcionamiento dos sistemas de control de emisións; O protocolo E-OBD aplicarase a partires de setembro de 2018 para vehículos fabricados a partires de 2006: vehículos lixeiros Euro 5 e Euro 6 – Vehículos pesados Euro VI).

9.- Os vehículos  “rent a car”  terán que realizar a primeira inspección aos catro anos da súa matriculación en lugar de a partires do segundo, como viñan facendo ata agora.

.

  • Calendario oficial de feiras comerciais internacionais 2018:

Resolución do 18 de decembro de 2017, da Secretaría de Estado de Comercio, pola que se aproba o calendario oficial de feiras comerciais internacionais para 2018.

 

  • Calendarios laborais para o exercicio de 2018:

Resumo dos calendarios laborais de ámbito autonómico e provincial (Comarca de Deza).

Calendario laboral de ámbito estatal (BOE)

Calendario laboral de ámbito rexional (DOG)

Calendario laboral de ámbito provincial (BOP)

 

.

.

.

.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies