O 70% dos establecementos do CCA de Lalín decántanse por non abrir o día da Feira do Cocido

Unha enquisa realizada pola Asociación de Empresarios de Deza (AED) a 94 comerciantes integrados no Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín entre os días 18 e 25 de xaneiro revela que practicamente o 70 por cento dos consultados (69,79%) decántase por non abrir os seus establecementos o vindeiro domingo con motivo da Feira do Cocido.

.

Pola súa parte, os partidarios de abrir para aproveitar a afluencia de visitantes pola Feira do Cocido son o 18,75% dos consultados, se ben non manteñen una postura uniforme, posto que a meirande parte abrirá unicamente pola mañá, pero hai algúns que abrirán os seus negocios todo o día. Finalmente, un 11,45% dos enquisados non se pronunciou nin a favor nin en contra, supeditando nalgúns casos a súa decisión final ao que decida a maioría.

.

Luns e martes de Entroido

.

Na enquisa realizada pola AED tamén se pulsaba a opinión dos asociados do CCA de Lalín respecto da apertura o luns e o martes de Entroido, resultando como opción maioritaria cun 45,54% a de abrir ambos días unicamente pola mañá. A segunda opción máis respaldada (26,73%) é a de abrir o luns en horario habitual e os martes abrir só pola mañana e pechar pola tarde.

.

Pola súa parte, o 8,91% dos enquisados amosouse partidario de abrir ambos días en horario habitual, mentres que o 4,95% anunciou que o luns abrirá en horario habitual e o martes pechará durante todo o día. Ademais do 2,97% que se amosaron indecisos sobre como proceder, as outras opcións minoritarias son as do 2,97% que pechará o luns pola tarde o martes todo o día; o 5,94% que fará o que decida a maioría; e 0 1,98% restante, que pecharán mañá e tarde os dous días.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies