O xurado popular outorga o primeiro premio dos VIII Bocadiños do Cocido ao restaurante Casa Achacán de Rodeiro

.

A sede da Asociación de Empresarios de Deza acolleu esta mañá a entrega de premios do VIII Concurso de Tapas “Bocadiños do Cocido”, no que participaron 18 establecementos durante 11 días e no que se venderon un total de 4.039 tapas -cunha media de 367 tapas servidas por día e uns ingresos medios diarios polas tapas de 551 euros, sen contar as consumicións correspondentes-.

.

Mentres que o xurado profesional formado por integrantes do colectivo Galicia Gastro outorgou o seu premio especial á mellor tapa ao petisco “Recordos!”, de Casa Currás, os clientes concederon o primeiro premio por votación popular ao Restaurante Casa Achacán de Rodeiro, pola tapa “Para chuparse os dedos!”. En segundo lugar, os clientes premiaron á Pensión Las Palmeras pola tapa “Cocido Z!” e en terceiro lugar, a Casa Currás por “Recordos!”.

.

Ademais da entrega dos premios, que contou coa asistencia do presidente da AED, Antonio Lamas, e doutros directivos, de membros do xurado profesional e de numerosos hostaleiros participantes, esta mañá tamén se celebrou o sorteo dos agasallos anunciados, cuxo reparto final foi o seguinte: a viaxe a Mallorca para dúas persoas foi para María Cuíña Pérez; o vale de 500 euros para gastar no comercio asociado recaeu en Rafael Agra Vilanova; a botella de viño magnum da adega Belezos foi para Isabel Ramos Fernández, Ángeles González, Rubén Cortizo Méijome, Celeste Sánchez Vicente, Manuela Sobrido Bretal, Ramiro Ruibal, Rocío Blanco Ríos, José A. González Varela, Rosana Ramos Ferreiroa, Manuel Paz Hermida, Ana Valladares González, José Alberto González Madriñán, Javier del Saz López, Ana Belén Varela Diéguez, Mónica Díaz Martínez, Gerardo Abeledo Iglesias, Marcos Pereira Fernández e Cristina Pérez Rouco.

.

Pola súa parte, a botella de viño magnum de Viña Costeira foi para Rocío Abeledo Vázquez, Naomi Fernández González, Marta González Rodríguez, Diego Rodríguez Trigás,  Lucía García Pérez e Ricardo Iglesias Rodríguez. Finalmente, a botella de viño magnum de Viña Pomal foi para José Luis Vilariño Penido, Luisa Victoria Rodríguez Gómez, Marianny Gómez, Octavio Antoñón Vales, José Carlos Calvo e Javier Riádigos.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies