Os 18 locais que participaron no noveno Deztápate serviron 4.391 tapas en 11 días

.

Os 18 establecementos do sector da hostalaría que participaron entre o 2 e o 12 de agosto na novena edición do concurso de tapas “Deztápate” serviron un total de 4.391 tapas ao longo dos 11 días, o que deixa unha media de 399 tapas diarias e representa uns ingresos adicionais lixeiramente superiores aos 6.500 euros.

.

Estes datos foron aportados polo presidente da Asociación de Empresarios de Deza (AED), Antonio Lamas, no acto de clausura do concurso, no que tamén se procedeu á entrega de premios e ao sorteo de agasallos e que contou coa participación do vicepresidente da AED, David Campos; do concelleiro de Turismo de Lalín, Francisco Vilariño; do concelleiro de Comercio de Lalín, José Manuel Fernández; e dun representante do xurado profesional, Diego López.

.

Lamas resaltou que, xunto coa quinta e a sexta edición, o noveno Deztápate foi o concurso no que máis establecementos participaron (18), dos cales 14 son de Lalín, 2 de Rodeiro, 1 de Silleda e 1 de Vila de Cruces. Apuntou tamén que o lixeiro descenso no número de tapas servidas respecto ao ano 2017 debeuse, na súa opinión, a que o concurso coincidiu coa vaga de calor que animou a moita xente a marchar á praia, baixando a actividade en Lalín.

.

O presidente da AED tamén aproveitou para felicitar á práctica totalidade dos participantes polo “gran nivel das tapas e polo esforzo realizado”, aínda que tamén -sen dar nomes- remarcou que na asociación “recibíronse algunhas queixas porque as tapas dalgún establecemento eran de trámite e non alcanzaban o nivel que debería ter o concurso”.  “O enfoque do Deztápate non debe ser o dunha iniciativa para facer caixa, senón o dun escaparate e unha oportunidade dos establecementos para fidelizar clientes e captar outros novos”, remarcou.

.

Premiados

En canto aos premiados, o xurado profesional distinguiu co seu premio especial ao Restaurante La Molinera pola tapa denominada “Atún vermello agridoce e herbas aromáticas”. Pola súa parte, as votacións dos clientes outorgaron o primeiro premio a Casa Achacán, pola tapa “Dado´s”; o segundo a Pensión Las Palmeras, pola tapa “Vulcano”; e o terceiro a Casa Currás, pola tapa “Heaven”.

.

Sorteo de agasallos

Ao remate do acto de clausura procedeuse ao sorteo dos agasallos previstos, resultando premiados os seguintes clientes:

  • Viaxe ás Azores para 2 persoas: Ramiro Ruibal Fuentes
  • 150 € en BiqPoints: Marcos Jácome Dobarro
  • 150 € en BiqPoints: Jorge Rodríguez Cambón
  • 6 botellas magnum de Viña Pomal -1 por persoa- (aportadas por Ricardo Vázquez e Hijos): Marta Fernández, Al Nair Cotuffo, Beatriz Blanco Liñares, José Antonio Santomé González, Susana Gil Ruibal e Noelia Guerra Ferreiroa.
  • 6 botellas magnum de Viña Costeira -1 por persoa- (aportadas por Ricardo Vázquez e Hijos): Raquel Lorenzo Fernández, Marcos Vidal Rodríguez, Ramiro Ruibal, Jonathan Pinto Rodríguez, Enrique Illacuzi e David Carbón Tallón.
  • 12 botellas magnum de Belezos -1 por persoa- (aportadas por Viños Manuel Gil): Luisa Victoria Rodríguez, María Cuiña Pérez, Isabel Rial Cortiña, Laura López Peña, Mercedes Neira González, Diego Varela Diéguez, Vanesa Rozas Taboada, Mercedes Failde Granja, María Dolores Iglesias Rodríguez, Maribel Calvo Saa, José Sánchez Rodríguez e Tamara Santiso Fernández.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies