.

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) pon en coñecemento dos usuarios/as desta páxina web a política levada a cabo respecto ao tratamento e protección dos datos de carácter persoal daquelas persoas que voluntariamente utilizan os formularios desta web para contactar coa AED, así como o acceso á páxina propia, que impliquen a comunicación dos seus datos persoais á AED.

.

  1. Identificación do/a responsable do ficheiro: A AED, provista de CIF G36187169, informa ao usuario/a desta páxina web da existencia dun ficheiro automatizado de datos persoais denominado DEMANDANTES DE EMPREGO, debidamente inscrito ante a Axencia Española de Protección de Datos, onde se recollen e almacenan os datos persoais que o usuario lle comunica co fin de xestionar a súa solicitude.
  2. Actualización das políticas: A AED poderá modificar, sen previo aviso, a presente política de privacidade sempre que sexa necesario para adecuala a calquera cambio lexislativo, regulamentario, xurisprudencial, administrativo ou coa finalidade de adaptar a devandita política ás instrucións ditadas pola Axencia de Protección de Datos ou obxecto lexítimo. Calquera modificación desta política -non obstante o anterior- será publicada e advertida na propia páxina web da AED. Por todo o anterior, A AED recomenda aos usuarios a lectura periódica destas políticas ao fin de poder coñecer os cambios que se efectúen.
  3. Finalidade do ficheiro: A AED solicita nesta web datos persoais para a xestión da Bolsa de Traballo e da Axencia de Colocación, polo tanto, a comunicación de datos persoais polo usuario á AED a través dos formularios de contacto unicamente pode entenderse que terá lugar cando estes voluntariamente utilicen ese servizo para porse en contacto coa AED, dado que nestes casos o tratamento dos datos é inevitable e implícito para a finalidade do ficheiro. Para estes casos e os descritos no seguinte apartado, a entidade informa ao usuario que o tratamento dos datos realízase coas seguintes finalidades: intermediación laboral na busca de emprego e o seu uso en materia de accións de inserción e formación profesional.
  4. Consentimento: Infórmase que cando o usuario non manteña relacións comerciais coa AED e realice o envío dun correo electrónico ou unha comunicación á AED indicando outros datos persoais, o devandito usuario estará a dar o seu consentimento libre, inequívoco, específico, informado e expreso para o tratamento dos seus datos persoais pola AED, coas finalidades establecidas anteriormente, así como atender a súa comunicación ou enviar documentación. Para os mesmos efectos, a AED informa que se o usuario envía un correo electrónico ou comunica á AED os seus datos persoais en razón do cargo que ocupa nunha empresa -xa sexa como administrador, xerente, representante e/ou calquera outro cargo como persoa de contacto na empresa-, entenderase que tal comunicación leva consigo a prestación do seu consentimento libre, inequívoco, específico, informado e expreso para o tratamento dos seus datos persoais pola AED, coas finalidades establecidas anteriormente.
  5. Identificación dos destinatarios respecto dos que a AED teña prevista a realización de cesións ou acceso a datos por conta de terceiros: a AED unicamente ten prevista a realización de cesións ou comunicacións de datos que en razón do artigo 11.2.c. da Lei Orgánica 15/99 de protección de datos de carácter persoal (en diante LOPD) deba realizar para atender as súas obrigas coas Administracións Públicas, Organismos ou Axencias de Colocación Autorizadas, nos casos que así se requira de acordo coa lexislación vixente en cada materia e en cada momento. Igualmente a AED pon en coñecemento do usuario que calquera outra cesión de datos que deba realizar será posta no seu coñecemento cando así o estableza a LOPD, informándoo de modo expreso, preciso e inequívoco dos destinatarios da información, da finalidade á que se destinarán os datos e da natureza dos datos cedidos ou, se é o caso, cando a LOPD o estableza, previamente solicitarase o consentimento inequívoco específico e informado ao usuario. Non obstante, a AED informa ao usuario que calquera tratamento de datos persoais está suxeito á lexislación vixente en España en materia de protección de datos, establecida pola LOPD e a súa normativa complementaria e de desenvolvemento. Neste sentido, a AED só é responsable e garante a confidencialidade dos datos de carácter persoal que solicite ao usuario a través dos formularios desta páxina web ou por correo electrónico.
  6. Calidade dos datos: a AED advirte ao usuario que, salvo a existencia dunha representación legalmente constituída, ningún usuario pode utilizar a identidade doutra persoa e comunicar os seus datos persoais, polo que o usuario en todo momento deberá ter en conta que só pode incluír datos persoais correspondentes á súa propia identidade e que sexan adecuados, pertinentes, actuais, exactos e verdadeiros. Para tales efectos, o usuario será o único responsable fronte a calquera dano, directo e/ou indirecto que cause a terceiros ou á AED, polo uso de datos persoais doutra persoa ou dos seus propios datos persoais cando sexan falsos, erróneos, non actuais, inadecuados ou impertinentes. Igualmente, o usuario que utilice os datos persoais dun terceiro, responderá ante este da obriga de información establecida no artigo 5.4 da LOPD para cando os datos de carácter persoal non sexan solicitados do propio interesado e/ou das consecuencias de non o ter informado.
  7. Exercicio dos dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación dos datos pola AED: A AED informa ao usuario da posibilidade de exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante solicitude escrita dirixida á AED na seguinte dirección: Rúa Otero Pedrayo, nº 24- Baixo 36.500 Lalín (Pontevedra), ou a través do seguinte correo: asociacion@aedeza.com.
  8. Uso de formularios para a recollida de datos persoais pola AED: Inclúe unha lenda no formulario de recollida de datos, onde se indican todas as condicións para o tratamento dos datos de carácter persoal de acordo co artigo 5 da LOPD, tales como o carácter obrigatorio ou facultativo da resposta ás preguntas que lles sexan formuladas, as consecuencias da obtención dos datos ou da negativa a subministralos, as finalidades da recollida, as posibles cesións que se leven a cabo e o consentimento para os tratamentos de datos de carácter persoal que se realice.
  9. Medidas de seguridade adoptadas con relación ao tratamento dos datos persoais: A AED informa ao usuario que, de conformidade co disposto na LOPD e o Regulamento de Medidas de Seguridade, adoptou as medidas de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos. Igualmente, a AED garante ao usuario o cumprimento do deber de segredo profesional respecto dos datos persoais dos usuarios e de deber de gardalos.

.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies