Quince locais participan no VII Concurso de Tapas “Deztápate” promovido pola AED

.

A sétima edición do concurso de tapas “Deztápate”, promovido pola Asociación de Empresarios de Deza (AED), arrancará o vindeiro venres día 29 e prolongarase ata o domingo 7 de agosto, contando coa participación de 15 establecementos do sector da hostalaría: A Casa do Gato, A Mina, Bar O Pincho, Bar O Polo, Bodegón A Cunca, Cabanas Restaurante, Cafetería Rosaleda, Doña Maruja Gastrobar, Hotel Restaurante Pontiñas, Hotel Restaurante Villanueva, Hotel Spa Norat Torre do Deza, Novo Bar Lago, O Picoteo, Pensión Las Palmeras e Restaurante La Molinera.

.

Os horarios nos que se poderán pedir tapas, que terán un prezo único de 1,5 euros a unidade, aparecen recollidos nas tarxetas do concurso que os clientes poderán recoller en cada local e, segundo o criterio de cada establecemento, será en quendas de mediodía e/ou de tarde-noite.

.

Precisamente, cumprimentando ditas tarxetas cos selos dos diferentes locais nos que se consuman tapas, os clientes poderán optar a tres tipos de premios: os participantes que conten cos selos de todos os locais entrarán no sorteo dun vale de compra por importe de 600 euros para gastar nos comercios asociados á AED; os 15 primeiros participantes que  presenten a tarxeta con todos os selos dos locais participantes recibirán un premio directo dunha botella magnum da Denominación de Orixe Rioja; e os participantes que non cheguen a ter todos os selos, pero alomenos teñan oito, entrarán no sorteo dunha noite de aloxamento para dúas persoas, con cea menú-degustación, no Hotel Arco de Mazarelos. 

.

Por outra banda, nesta ocasión as tapas dos locais recibirán unha dobre valoración: por unha parte, un xurado profesional formado por tres bloggers gastronómicos percorrerá os 15 establecementos para posteriormente elixir a mellor tapa; e por outra banda, os clientes puntuarán cada tapa nas tarxetas correspondentes e as tres que obteñan as mellores puntuacións conxuntas recibirán un diploma acreditativo.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies