.

A Asociación de Empresarios de Deza conta cun equipo de profesionais e colaboradores con acreditada experiencia en diferentes áreas de traballo vencelladas á actividade empresarial: asesoría, xestión de axudas, formación, contabilidade, fiscalidade, legalidade, comunicación, organización de eventos, marketing, etc.

.

A multidisciplinariedade deste equipo e o coñecemento dos sectores estratéxicos da comarca tras 23 anos defendendo os intereses do tecido empresarial dezano permiten aportarlle solucións aos diferentes problemas que os asociados formulan no día a día.

.

Ademais, a xunta directiva da AED e en ocasións os cargos técnicos exercen a representatividade institucional do empresariado dezano nas relacións institucionais ou negociacións que se manteñen coas diferentes Administracións Públicas (local, provincial e autonómica).

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies