.

Xunto co asesoramento ás empresas asociadas, a formación é outro dos piares esenciais da actividade da Asociación de Empresarios de Deza (AED). Esta liña de traballo aséntase sobre as bases da calidade e o servizo, cunha programación estable pero dinámica, que tenta adaptarse e dar resposta ás necesidades formativas e de cualificación do tecido empresarial da comarca, incluindo tanto aos traballadores como aos empresarios, aos cargos executivos e aos parados.

.

A AED imparte diversos tipos de formación, que van dende a formación continua aos plans para traballadores desempregados -a través da Xunta de Galicia-, pasando por diversa formación homologada dirixida a diferentes sectores.

.

A través dunha oferta específica para áreas moi concretas con gran representatividade na comarca, dende a AED pretendemos conseguir o maior nivel posible de formación sobre cuestións que redunden nunha mellor preparación dos alumnos e nunha maior rendibilidade para as empresas.

.

Con este cometido, cada ano xestiónanse máis cursos con bonificación das cotas da Seguridade Social a través da Fundación Tripartita e, ademais, colabórase con organismos e entidades externas para conseguir formación relevante para as empresas asociadas de xeito totalmente gratuíto.

.

No exercicio de 2015 a AED realizou un total de 26 accións formativas (19 cursos, unha acción formativa para desempregados e 6 seminarios, charlas ou xornadas técnicas), ás que asistiron 426 persoas e que sumaron un total de 1.011 horas docentes.

.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies