.
Outro dos servizos do que se benefician os asociados da AED dende a creación do colectivo en 1993 é o servizo de Información e Consultas Especializadas, que está pensado para ofrecer asesoramento relativo á xestión de achegas e subvencións, cretos subvencionados e outra información relevante para as empresas e de tipoloxía moi diversa.
.
No exercicio de 2017, as 200 consultas recibidas e atendidas centráronse fundamentalmente nas seguintes áreas:
.
- Consultas relativas a axudas, subvencións, apoio financieiro…
- Petición de normativa e lexislación específica
- Información sobre a área laboral (convenios colectivos, axudas á contratación, días festivos, etc.)
- Outro tipo de consultas e trámites (protección de datos, venda ambulante, organización empresarial, telecomunicacións, etc.)
- Asesoramento xurídico: en virtude dun convenio co despacho de planificación fiscal José Freire, tamén se conta co apoio de asesores xurídicos coa finalidade de ofrecer o mellor servizo nas seguintes áreas:
Contable
Mercantil
Fiscal
Societaria
.
Este servizo de asesoramento xurídico préstalle aos asociados un servizo de primeira aproximación aos temas que queren consultar totalmente gratuíto.
.
.