Aula Formación -2-

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) pon a disposición das empresas asociadas as súas instalacións e equipamentos para a celebración de cursos de formación propios, convencións de empresa, reunións, etc. As instalacións, situadas no número 24 da rúa Otero Pedrayo de Lalín, foron inauguradas en xuño de 2007 e ocupan un total de 408 metros cadrados.

.

No exercicio de 2015 foron 60 as empresas que fixeron uso destas instalacións para diferentes actividades nas que participaron 989 persoas. En total, estiveron ocupadas un total de 418 horas, distribuídas entre 113 días.

.

Entre os espazos e equipamentos que cede a AED aos asociados figuran:

.

  • AulasAULA INFORMÁTICA
  • Sala de xuntas
  • Despachos
  • Ordenadores portátiles
  • Pantalla e proxector
  • Cadeiras e mesas
  • Etc.

.

.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies