Antonio Lamas reúnese co deputado Javier Dios para solicitar a colaboración da Deputación coa AED

O presidente da Asociación de Empresarios de Deza (AED), Antonio Lamas, e a secretaria da asociación, Chus García, mantiveron este mediodía unha reunión de traballo co deputado provincial de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, para presentarlle diversas necesidades e proxectos do colectivo e para solicitarlle “a máxima colaboración posible” por parte da institución provincial. […]