A AED asina un convenio con Hysogeo Clean Energies con vantaxes para os asociados na implantación de tecnoloxía LED

O presidente da Asociación de Empresarios de Deza (AED), Antonio Lamas, asinou na noite de onte un convenio de colaboración co director xerente da empresa Hysogeo Clean Energies S.L., Juan Carlos Santaló, polo que os 320 asociados da AED poderán beneficiarse de vantaxes específicas na instalación de produtos de iluminación de tecnoloxía LED.

.

En virtude deste acordo, a empresa lalinense Hysogeo Clean Energies brindará aos asociados da AED importantes descontos tanto na adquisición de equipos de iluminación (tubos LED, paneis, proxectores, campanas industriais, farolas solares, bombillería variada, etc.) como na realización de Estudos de Eficiencia Enerxética.

.

Dende Hysogeo Clean Energies destacan que as propostas técnicas e económicas derivadas da realización destes Estudos de Eficiencia Enerxética adoitan conseguir aforros de ata un 60% entre a enerxía consumida, a redución da potencia contratada e a eliminación de custos de mantemento e reposición.

Uso de cookies

Esta páxina web emprega cookies para que vostede teña unha mellor experiencia como usuario. Se vostede segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies